Centro Príncipe

Hoxe recibimos ó Director Xeral de orientación e promoción laboral da Xunta de Galicia Alfonso Marnotes

Hoxe recibimos ó Director Xeral de orientación e promoción laboral da Xunta de Galicia Alfonso Marnotes

Hoxe recibimos ó Director Xeral de orientación e promoción laboral da Xunta de Galicia Alfonso Marnotes, que visitou o Taller de mobilidade laboral impartido nas nosas instalacións. O Director aproveitou para charlar cos participantes do noso Programa Integrado Ocúpa-te sobre a importancia da súa implicación no proxecto e as posibles saídas laborais que este lles ofrece.

Nesta visita acompañouno o Delegado territorial da Xunta de Vigo, Ignacio López Chaves, e o Presidente da Asociación de comerciantes e profesionais da zona Príncipe, Cándido Rial, que agradeceu o apoio e confianza que depositou a Xunta no proxecto dos comerciantes.

Cándido Rial tamén destacou que “ser integrante deste Plan de emprego é unha porta aberta ós comercios e a hostelería da nosa cidade.”

 

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información aquí.

ACEPTAR
Aviso de cookies